cedro  
  axenda    noticias    enlaces    lecturas    sala de prensa    preguntas habituais     correo antipiratería  

  Área de socios    CEDRO    Dereitos de autor    Asociarse    Licencias  
lecturas
 
lecturas>Fuentes RSS
 > boletín informativo
 > CEDRO informa
 > textos de interese
 > lexislación
 > Fuentes RSS
 > os autores opinan

 

 

Que son as fontes RSS?

Trátase dunha tecnoloxía que permite aos usuarios obter información actualizada sobre CEDRO nos seus ordenadores, utilizando para iso un programa lector instalado no seu equipo, ou unha páxina web que permita o visualizado de fontes RSS.

Para que serven?

Grazas ás fontes RSS que habilitou CEDRO en distintas seccións da súa web, o usuario poderá, mediante subscrición gratuíta, coñecer as informacións que se actualicen de forma cómoda e rápida, xa que poderá recibir no seu ordenador os contidos que se actualicen.

Como se utilizan?

Para poder utilizar unha fonte RSS existen distintas opcións:

1- A máis habitual consiste en instalar un programa lector de fontes RSS no seu ordenador. Pode atopar unha lista de programas deste tipo na seguinte ligazón.

2- Tamén pode utilizar unha páxina web que permita a visualización de fontes RSS nela. Pode atopar unha lista de páxinas web na seguinte ligazón.

3- Ademais, moitos dos navegadores comerciais de Internet xa incorporan lectores de fontes RSS. Así, se o seu equipo conta coas últimas versións de Internet Explorer, Firefox, Safari ou Opera, probablemente xa contará co necesario para poder ter acceso ás fontes RSS do web de CEDRO.

Unha vez que xa conta coas ferramentas necesarias, só é necesario que copie a ligazón ou as ligazóns RSS que desexe do web de CEDRO, e engádaos ao seu programa ou servizo de lectura de titulares. Para iso, debe seleccionar en ligazón, facer clic co botón dereito do seu rato, e seleccionar "Copiar acceso directo", "Copiar ligazón" ou similar

Que seccións contan con fontes RSS?

A continuación pode atopar as ligazóns ás seccións do web de CEDRO que contan con fontes RSS. Pode subscribirse gratuitamente a unha, a varias ou a todas estas fontes.

Destacados de portada.
Noticias.
Avisos da Área de Socios.
Axenda.
Notas de prensa.
Lecturas recomendadas.
CEDRO informa.





   
© 2005 Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)