Contamos actualmente con 20.743 socios: 18.957 autores e 1.786 editoriais.
Entre os nosos autores, hai escritores e tradutores de todo tipo de obras (literarias, científicas, técnicas, educativas, de información, divulgación etc.), así como xornalistas e autores de artigos e outros traballos para publicacións periódicas.
As editoriais socias, que representan máis do 95% da produción editorial española, cobren todos os xéneros e os temas, dende os libros de ficción ata os manuais universitarios e os libros de texto, pasando polo ensaio, a obra científico-técnica, os dicionarios e enciclopedias etc. Tamén representamos as editoriais de publicacións periódicas (revistas culturais e de revistas profesionais e especializadas) e as de partituras musicais, así como os editores de prensa.
Por mandato legal, para a xestión colectiva do dereito de compensación por copia privada tamén representamos os autores e editores que non son membros da entidade, así como a autores non socios para a xestión colectiva do dereito de préstamo.
Ademais, representamos os autores e editores asociados ás entidades homólogas doutros países coas que temos asinados convenios de representación recíproca.