O noso repertorio está formado polas obras (libros, publicacións periódicas, partituras musicais etc.) dos nosos autores e editores representados. Está composto por:
1. Repertorio licenciable (xestión colectiva voluntaria): conxunto de obras cuxos titulares nos mandataron a xestión dos seus dereitos. Isto implica que podemos conceder licenzas para levar a cabo determinados usos dos contidos destas obras e perseguir de xeito colectivo os casos de vulneración dos dereitos sobre elas.
Pola súa vez, este repertorio está integrado por:
. repertorio nacional: conxunto de obras dos membros de CEDRO, tanto autores coma editores. Pode consultalo aquí. (Se está interesado en obter unha licenza de uso dalgunha destas obras, ou de todas en conxunto, consulte conlicencia.com)
. repertorio estranxeiro: conxunto de obras dos autores e editores representados polas entidades doutros países coas que asinamos convenios de representación recíproca.
2. Repertorio de copia privada (xestión colectiva obrigatoria): é o conxunto de obras sobre as que xestionamos o dereito de compensación por copia privada, composto por todas as obras, tanto nacionais coma estranxeiras, que están dentro do noso ámbito de xestión (ver artigo 4 dos estatutos) e que son susceptibles de ser reproducidas para uso privado.
3. Repertorio de préstamo (xestión colectiva obrigatoria): é o conxunto de obras sobre as que xestionamos o dereito de remuneración por préstamo público, composto por publicacións, tanto nacionais coma estranxeiras, que están dentro do noso ámbito de xestión e que son prestadas de forma pública.