Non, non somos un organismo público, a nosa natureza é privada: somos unha asociación sen ánimo de lucro de autores e editores, recoñecida polo Ministerio de Cultura en 1988 como entidade de xestión colectiva de dereitos de autor.
As entidades de xestión colectiva de dereitos de propiedade intelectual son, de acordo coa definición empregada polo Ministerio de Cultura na súa páxina web, “organizacións privadas de base asociativa e natureza non lucrativa que se dedican en nome propio ou alleo á xestión de dereitos de propiedade intelectual de carácter patrimonial por conta dos seus lexítimos titulares”.
Para actuar como tales, estas entidades requiren da autorización do Ministerio de Cultura, en virtude do disposto na vixente Lei de propiedade intelectual.