cedro
select
    síguenos  siguenos

Xestión préstamo

 

Xestionamos colectivamente a remuneración para os autores polo préstamo das súas obras en bibliotecas e institucións similares.

 

Esta remuneración foi regulada na Lei da lectura, do libro e das bibliotecas do 22 de xaneiro de 2007. A lei define como préstamo a posta á disposición de orixinais e copias dunha obra para o seu uso por tempo limitado sen beneficio económico ou comercial directo nin indirecto, sempre que o devandito préstamo se leve a cabo a través de establecementos accesibles ao público.

 

Esta remuneración correspóndelles aos autores cuxas obras se prestan en bibliotecas, museos, arquivos, fonotecas, filmotecas e centros similares. Os autores membros aos que lles corresponda esta remuneración non necesitan facer ningunha xestión, xa que lles aboamos automaticamente as cantidades que lles corresponden.

 

Aqueles autores que non son membros da nosa entidade e que desexan solicitar as cantidades que lles oidan corresponder, poden remitirnos por correo postal este impreso, unha fotocopia de DNI e datos bancarios. (Se desexa asociarse á nosa entidade, pode obter a información necesaria aquí)

 

Aboan esta remuneración as institucións titulares das bibliotecas e doutros centros que fagan préstamos de obras protexidas. Quedan eximidos da obriga de remuneración os titulares de bibliotecas públicas de municipios de menos de 5000 habitantes e os das bibliotecas integradas no sistema educativo español.

 

A Lei da Lectura, do libro e das bibliotecas establece que un real decreto, que tiña que promulgarse no prazo dun ano, determinará a contía da remuneración que recibirán os autores. Ata que ese decreto sexa promulgado, a remuneración será de 20 céntimos de euro por cada exemplar de obra adquirido con destino ao préstamo.