cedro
select
    síguenos  siguenos

Xestión copia privada

Autorización legal. A Lei de Propiedade Intelectual establece, entre os dereitos exclusivos do autor, a facultade de autorizar ou prohibir a reprodución das súas obras. Polo tanto, para efectuar copias totais ou parciais de obras protexidas polo dereito de autor é necesaria a autorización dos correspondentes titulares.

Limitacións aos dereitos de autor. A lei tamén prevé unha serie de limitacións aos dereitos de autor. En virtude dunha delas, non se precisa a autorización dos titulares de dereitos cando a copia das súas obras se leva a cabo por unha persoa física para o seu uso privado a partir de obras ás que acceda legalmente e a copia obtida non sexa obxecto de utilización colectiva nin lucrativa.

A lexislación precisa que non teñen a consideración de copias privadas:

- as efectuadas en establecementos que se dedican á realización de reproducións para o público,
- as efectuadas en establecementos que teñen á disposición do público os equipos, aparatos e materiais para a súa realización, nin
- as que son obxecto de utilización colectiva ou de distribución mediante prezo.

Compensación aos titulares. A reprodución dunha obra (divulgada en forma de libros ou publicacións asimiladas, entre outras, agás os programas de ordenador) realizada exclusivamente para uso privado, mediante aparatos ou instrumentos, orixinará unha compensación equitativa a favor dos titulares de dereitos destas creacións.

Solicitude de pagamento das cantidades pola compensación por copia privada. Os titulares de dereitos de libros que non sexan membros de CEDRO poden solicitarnos os importes que lles poidan corresponder pola compensación pola copia para uso privado das súas obras.

Aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que malia que non sexan membros da nosa entidade desexen solicitar cantidades por copia privada das súas obras, poden obter máis información aquí.