select
    síguenos  siguenos

Difusión

 

Desenvolvemos accións de comunicación e promoción para concienciar a opinión pública e os usuarios das obras dos nosos representados sobre a necesidade de ser responsables coa cultura, cos creadores e cos seus dereitos de propiedade intelectual.

 

Co fin de sensibilizar a sociedade sobre a necesidade de respectar os dereitos de propiedade intelectual de autores e editores, colaboramos con outras asociacións do sector do libro e da cultura e relacionadas coa protección da propiedade intelectual. Entre elas, destacan as asociacións e gremios profesionais de autores e editores mediante os cales desenvolvemos en gran medida a nosa función social.

 

Outras entidades coas que a nosa entidade colabora son:

 

- Organización Mundial de la Propiedad Intelectual (OMPI)

- UNESCO

- Centro Regional para el Fomento del Libro en América Latina y el Caribe (CERLALC)

- Grupo Interamericano de Editores (GIE)

- Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros (CEGAL)

- Asociación Literaria y Artística para la Defensa del Derecho de Autor (ALADDA)

 

Entre as accións que organizamos ou participamos para a difusión e a concienciación social acerca da importancia do dereito de autor, poden citarse:

 

- Campañas de sensibilización (Es de libro e Educar para crear)

- Formación
- Conferencias etc.