cedro
select
    síguenos  siguenos

Recadación

 

Recadamos as cantidades xeradas por determinados usos das obras obxecto da nosa xestión e repartímolas entre os seus autores e editores. Existen catro tipos de repartición, en función da vía de recadación:

 

- De licenzas: remuneración que se obtén como contraprestación polas licenzas ou autorizacións que lles outorgamos a empresas, centros de ensino, organismos públicos e outras institucións pola reutilización de contidos das obras que integran o noso repertorio. (+)

 

- Da compensación por copia privada: a reprodución dunha obra (divulgada en forma de libros ou publicacións asimiladas, entre outras, agás os programas de ordenador) realizada exclusivamente para uso privado, mediante aparatos ou instrumentos, orixinará unha compensación equitativa a favor dos titulares de dereitos destas creacións. (+)

 

- Do estranxeiro: remuneración procedente das entidades estranxeiras homólogas a CEDRO polas reproducións de contidos de obras españolas noutros países. (+)

 

- Remuneración por préstamo: liquidación polo préstamo de obras protexidas en determinadas bibliotecas e institucións similares que lle teñen que aboar a CEDRO os titulares das bibliotecas obrigadas legalmente ao pagamento. (+)