Considérase autor a persoa natural que crea unha obra literaria, artística ou científica. Non obstante, da protección que a lei lle concede ao autor poderanse beneficiar persoas xurídicas nos casos expresamente previstos nela. (Art. 5 LPI)
É un dereito de carácter patrimonial cuxo exercicio exclusivo lle corresponde ao autor. Enténdese por reprodución a fixación directa ou indirecta, provisional ou permanente, por calquera medio e en calquera forma, de toda a obra ou de parte dela que permita a súa comunicación ou a obtención de copias.
Só poderán realizarse reproducións dunha obra coa autorización previa do autor, agás nos casos previstos pola lei. (art. 18 LPI)
É un dereito de carácter patrimonial cuxo exercicio exclusivo lle corresponde ao autor. Enténdese por distribución a posta á disposición do público do orixinal ou das copias da obra, nun soporte tanxible, mediante a súa venda, alugamento, préstamo ou de calquera outra forma. (art. 19 LPI)
É un dereito de carácter patrimonial cuxo exercicio exclusivo lle corresponde ao autor. Entenderase por comunicación pública todo acto pola cal unha pluralidade de persoas poida ter acceso á obra sen a distribución previa de exemplares a cada unha delas. (art. 20 LPI)
Así mesmo, unha modalidade da comunicación pública é a posta á disposición do público de obras, por procedementos con ou sen fíos, de tal forma que calquera persoa poida acceder a elas dende o lugar e no momento que elixa. (art. 20 parágrafo 2, letra i LPI)
É un dereito de carácter patrimonial cuxo exercicio exclusivo lle corresponde ao autor. A transformación dunha obra comprende a súa tradución, adaptación e calquera outra modificación na súa forma da que se derive unha obra diferente. (art. 21 LPI)
Son obxecto de protección de propiedade intelectual todas as creacións orixinais literarias, artísticas ou científicas expresadas por calquera medio ou soporte, tanxible ou intanxible, actualmente coñecido ou que se invente no futuro. Entre elas están:
a. Os libros, folletos, impresos, epistolarios, escritos, discursos e alocucións, conferencias, informes forenses, explicacións de cátedra e calquera outra obra da mesma natureza.
b. As composicións musicais, con ou sen letra.
c. As obras dramáticas e dramático-musicais, as coreografías, as pantomimas e, en xeral, as obras teatrais.
d. As obras cinematográficas e calquera outra obra audiovisual.
e. As esculturas e as obras de pintura, debuxo, gravado, litografía e as historietas gráficas, tebeos ou cómics, así como os seus ensaios ou bosquexos e as demais obras plásticas, sexan ou non aplicadas.
f. Os proxectos, planos, maquetas e deseños de obras arquitectónicas e de enxeñería.
g. Os gráficos, mapas e deseños relativos á topografía, á xeografía e, en xeral, á ciencia.
h. As obras fotográficas e as expresadas por procedemento análogo á fotografía.
i. Os programas de ordenador.
Así mesmo, o título dunha obra, cando sexa orixinal, quedará protexido como parte dela. (art. 10 LPI)
Si. Unha partitura é a manifestación de como debe ser interpretada unha composición musical e a Lei de propiedade intelectual establece que as composicións musicais, con ou sen letra, son obxecto de protección.
Si, o autor dunha obra debe autorizar unha tradución. A tradución dunha obra considérase unha transformación. En todo caso, unha tradución é unha obra derivada que tamén goza de protección.
Os dereitos de explotación da obra durarán toda a vida do autor e setenta anos despois da súa morte ou declaración de falecemento. (art. 26 LPI)
Agora ben, segundo o disposto na disposición transitoria cuarta da Lei de propiedade intelectual, os dereitos de explotación das obras creadas por autores falecidos antes do 7 de decembro de 1987 terán a duración prevista na Lei sobre propiedade intelectual, do 10 de xaneiro de 1879, que se estende ata os oitenta anos tras a morte do seu autor.
Así mesmo, o prazo de protección establecido computarase dende o día 1 de xaneiro do ano seguinte ao da morte ou declaración de falecemento.
Cando se cumpran os prazos antes descritos; é dicir, setenta ou oitenta anos despois da morte ou declaración de falecemento do autor.
A partir da súa entrada no dominio público, a obra poderá ser explotada sen autorización, sempre que se respecten os dereitos morais previstos na lei.
O autor ou, se é o caso, aqueles suxeitos que sexan autorizados polo autor ou os seus dereitohabentes.
Si. Os dereitos nacen polo contrato de edición onde o autor ou os seus dereitohabentes lle ceden ao editor dereitos de carácter patrimonial.
Así mesmo, os editores de obras en dominio público, así como de obras non protexidas polo dereito de autor, contempladas no artigo 13 da LPI, gozarán do dereito exclusivo de autorizar a reprodución, distribución e comunicación pública das devanditas edicións, sempre que poidan ser individualizadas pola súa composición tipográfica, presentación e demais características editoriais. (art. 129. 2 LPI)