cedro
select
    síguenos  siguenos

Conceptos básicos

 

Para entender a propiedade intelectual, é necesario coñecer os conceptos de dereitos de autor, autor, obra protexida, duración dos dereitos e dominio público.

 

A propiedade intelectual protexe as creacións orixinais produto do intelecto e correspóndelles aos seus autores polo mero feito de crealas. Os dereitos de autor son as facultades, morais e de explotación, que se lle recoñecen ao autor dunha obra orixinal.

 

Considérase autor a persoa natural que crea unha obra literaria, artística ou científica. En determinados casos, as persoas xurídicas tamén poden ser titulares de dereitos de autor, aínda que nunca se lles pode considerar creadores.

 

Son obxecto de protección de propiedade intelectual todas as creacións orixinais literarias, artísticas ou científicas expresadas por calquera medio ou soporte, tanxible ou intanxible, que exista actualmente ou se invente no futuro, e compréndense entre elas: os libros, folletos, impresos, epistolarios, escritos, discursos e alocucións, conferencias, informes forenses, explicacións de cátedras e outras obras da mesma natureza, así como as traducións e adaptacións, as revisións, actualizacións e anotacións, os compendios, resumos e extractos e transformacións dunha obra literaria, artística ou científica. Tamén son obxecto desta protección os títulos das obras sempre e cando sexan orixinais.

 

Como norma xeral, os dereitos de explotación da obra duran toda a vida do autor e 70 anos despois da súa morte ou declaración de falecemento. Despois, a obra pasa a dominio público e poderá ser utilizada sen autorización, sempre que se respecte a súa autoría e integridadeNo caso dunha edición concreta dunha obra en dominio público, os dereitos de explotación do editor duran 25 anos.

 

Os dereitos de autor de carácter patrimonial poden ser transmitidos, ben mortis causa ou inter vivos.