cedro
select
    síguenos  siguenos

Preguntas habituais

 

A adhesión a CEDRO non require o pagamento de cotas nin desembolso ningún.

 

 

Si, poden asociarse á nosa entidade os autores de libros, xa sexa completos ou en parte.

 

 

En CEDRO, xestionamos os dereitos de propiedade intelectual das obras e publicacións que sexan editadas ou divulgadas. 

Polo tanto, pode asociarse á nosa entidade se é vostede titular de dereitos de autor dunha obra que sexa previamente editada ou divulgada.

 

 

Si, sempre que sexa titular dos dereitos desas colaboracións.

 

 

Non, esa liquidación de dereitos correspóndelles, se é o caso, ás editoriais que publicaron os libros, de acordo cos contratos de edición que para iso se subscribiron.

 

En CEDRO, liquidamos as cantidades xeradas pola reprodución mediante fotocopias e escaneado das obras, así como as cantidades xeradas polo préstamo público das obras.

 

 

Si, sempre e cando as súas composicións e letras textuais sexan publicadas ou divulgadas.

 

 

Si, sempre que sexa titular dos dereitos de explotación dos artigos nos que colaborou. Para iso ten que enviarnos a documentación necesaria debidamente cuberta. Pode descargar a documentación aqui.  

 

 

Si, para iso tennos que enviar a documentación necesaria debidamente cuberta. Pode descargala aqui.

 

 

Só poden asociarse á nosa entidade os menores que teñan, polo menos, 14 anos.

 

Se son menores de 14 anos, en ningún caso se poden asociar. Non obstante, si poden reclamar a compensación equitativa por copia privada. Neste último caso, ademais de cubrir o impreso de reclamación de dereitos para non socios, é necesario que este documento estea asinado pola mesma persoa que asinaría o contrato de adhesión, segundo se establece neste texto, e que achegue os documentos especificados a continuación.

 

Para poder tramitar a adhesión a CEDRO dun autor menor de idade maior de 13 anos é necesario, ademais da documentación xeral para a asociación o seguinte:

 

- Se o menor está emancipado (é unha decisión xudicial) debe acreditalo remitindo a fotocopia desa decisión xudicial. Nese caso, abonda con que el asine o contrato.

-  Se o representante legal non é o seu pai/nai, ten que achegar documentación que acredite que é o representante legal dese menor (normalmente, será un titor nomeado xudicialmente).

 

Ademais, debe remitir:

 

- Contrato de adhesión asinado tanto polo menor coma polo representante legal.

- Consentimento do representante legal autorizándoo a asociarse a CEDRO. Pode utilizar o seguinte modelo.

- Fotocopia do DNI do representante legal e do menor, no caso de que lle fose expedido o devandito documento.

- Se o representante legal é o seu pai/nai, debe remitir:

- Contrato de adhesión asinado tanto polo menor coma polos dous pais.

- Consentimento dos pais autorizándoo a asociarse a CEDRO. Pode utilizar este modelo.

- Fotocopia do DNI dos pais e do menor, no caso de que lle fose expedido o devandito documento.