No 2001, comezamos a dotarnos das ferramentas necesarias para ampliar ao ámbito dixital a xestión colectiva que levamos a cabo no ámbito analóxico. Este proceso culminou o 16 de xaneiro de 2004, cando a Asemblea de Asociados aprobou os novos modelos de contratos de adhesión á entidade e os anexos aos contratos para os autores e editores que xa eran membros da entidade.
Grazas a iso, os titulares de dereitos xa poden encargarnos a xestión colectiva dos seus dereitos no ámbito dixital.
A xestión colectiva de dereitos de autor no ámbito dixital supón, principalmente:
- a concesión de autorizacións non exclusivas que permiten diferentes usos dixitais de, en xeral, fragmentos das obras que integran o noso repertorio. Estas autorizacións concédense en forma de licenzas, a cambio dunha contraprestación económica que recadamos no nome dos nosos socios para distribuírllela. (+)
- a protección dos dereitos de propiedade intelectual mediante o exercicio de calquera acción encamiñada a perseguir os usos dixitais ilícitos das obras dos nosos membros.
Quen sexa membro de CEDRO con anterioridade ao 2004 e queira ampliar ao ámbito dixital o mandato conferido á nosa entidade ten que remitir por correo postal a documentación que se indica a continuación, debidamente completada e asinada, ao Departamento de Socios ou, se reside en Cataluña, á nosa delegación nesa comunidade.
Documentación necesaria:
Anexo ao contrato de adhesión: deberá ser cuberto por duplicado.
- Autor/tradutor/herdeiro (Descargar aquí o impreso correspondente)
- Editor (Descargar aquí o impreso correspondente)
Para máis información, póñase en contacto con CEDRO.