cedro
select
    síguenos  siguenos

CEDRO

 

Existen dúas categorías de membros: adheridos e asociados.

 

A diferenza reside nos dereitos políticos, que varían en función do número de obras publicadas e das cantidades que recibiron na última repartición efectuada pola nosa entidade.

 

A única diferenza entre adheridos e asociados é que estes últimos teñen determinados dereitos de tipo político relativos ao goberno de CEDRO, como o dereito a participar nas asembleas xerais e o de sufraxio na designación de membros da Xunta Directiva.

A diferenza non afecta as cantidades que reciben autores e editores nas reparticións que levamos a cabo.

 

 

- Membros adheridos:

 

- Autores e editores titulares dunha obra publicada en calquera soporte.

 

- Titulares derivativos por causa de morte dos dereitos de propiedade intelectual obxecto da nosa xestión.

 - Membros asociados:

 

 - Autores e tradutores, titulares de polo menos cinco libros ou publicacións unitarias ou

- autores de traballos e colaboracións inseridas en publicacións periódicas, sempre que se acredite que non lles cederon a terceiros os dereitos de explotación sobre as súas obras e o exercicio continuado e efectivo da devandita actividade durante polo menos os tres anos anteriores á data de solicitude de admisión, e a publicación de polo menos 12 traballos e/ou colaboracións de media ao ano, durante o citado período, ou

- autores e tradutores titulares de obras xestionadas por CEDRO que recibiron no ano anterior dereitos económicos por un valor superior ao 0,01% do total repartido ao grupo profesional de autores.

- Editores titulares de polo menos 36 libros, ou

- editores de publicacións unitarias ou ben de polo menos unha publicación periódica con aparición regular e continuada durante os últimos cinco anos ou con máis de 36 números publicados, ou

- editores titulares de obras xestionadas por CEDRO que recibiron no ano anterior dereitos económicos por un valor superior ao 0,01% do total repartido ao grupo profesional de editores.

Unha vez reunidos os requisitos para que un membro adherido pase a ter a condición de asociado, levamos a cabo de oficio o cambio de categoría, que tamén se pode realizar a petición do interesado. 

 

 

1. Se ten presenza nos medios de comunicación, axúdenos a difundir o noso labor.

 

2. Se coñece empresas que fotocopian ou reproducen dixitalmente publicacións con fins de formación, documentación etc., facilítenos os seus datos para que poidamos contactar con elas e explicarlles a nosa xestió.

 

3. Inclúa esta cláusula de reserva de dereitos nos seus libros:

«Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só se pode realizar coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70/ 93 272 04 45)».

 

Pode solicitarlle ao Departamento de Socios a cláusula traducida ao idioma que desexe Puede solicitar la cláusula traducida al idioma que desee a nuestro .

 

 4. Poña un banner de CEDRO no seu sitio web. Descargar aquí.

 

- Pode incluír o seguinte modelo no seu libro dixital. Descargar aquí.

 

- Se ten un blog, pode utilizar o seguinte banner. Descargar aquí.

 

Pode solicitarlle ao noso Departamento de Socios o banner traducido ao idioma que necesite.

 

 

Si. Se desexa que o seu axente literario sexa o seu xestor de dereitos na nosa entidade, débenos .

 

Isto só suporá que as comunicacións relacionadas coas reparticións e a declaración de obra llas enviaremos ao axente, así como o pagamento da repartición de cantidades que distribuímos.

 

Pode solicitar este tipo de representación en CEDRO enviándonos cuberto e asinado este  impreso.

 

 

Os autores e tradutores téñennos que comunicar as súas novas obras, xa sexa como autores únicos ou como colaboradores, tradutores, antólogos, prologuistas etc.

No caso das editoriais, téñennos que comunicar os seus prefixos ISBN e en CEDRO obtemos a información das novas obras a través da base de datos do ISBN español.

Non obstante, é necesario que as editoriais asociadas nos comuniquen as obras das que posúen os dereitos de autor e que especifiquen a razón desa titularidade (obra colectiva, producción editorial protexida).

 

 

Os nosos socios poden declarar as súas obras a través de AsoCEDRO.

 


Un autor pode declararnos as súas colaboracións en publicacións periódicas ou revistas para os efectos de obter a categoría de asociado. A devandita categoría pódese obter ben por ser titular dos dereitos de polo menos cinco libros, ou ben por ser titular de polo menos doce traballos e/ou colaboracións en cada un dos tres últimos anos.

A única diferenza entre a categoría de asociado e a de adherido fai referencia aos dereitos políticos da primeira. Desta forma, o membro asociado pode participar nas asembleas de CEDRO, onde ten dereito a voto.


Si, pode declaralos se é titular dos dereitos das obras, independentemente do país de publicación ou divulgación.

As obras editadas con ISBN estranxeiro recibirán liquidación na repartición de licenzas de pagamento por uso. De acordo co noso regulamento de repartimento, reciben cantidades en concepto de remuneración por copia privada e licenzas xerais só as obras editadas con ISBN español.

 


Si, é necesario que nos comunique tanto as obras esgotadas como as que seguen en venda.

En ambos os casos, as obras entrarán nas reparticións que realizamos se se cumpren os requisitos establecidos no regulamento de repartición correspondente.

Ver regulamento de repartición 


Non. O rexistro dunha obra en CEDRO e no Rexistro da Propiedade Intelectual teñen obxectivos e efectos distintos.

A inscrición dunha obra no Rexistro da Propiedade Intelectual pode servir para dar fe pública da titularidade dunha obra. O rexistro dunha obra en CEDRO supón que a nosa entidade a integra no repertorio para a súa xestión colectiva.


Cando as obras dun membro entran nalgunha repartición, comunicámoslle por correo electrónico a cantidade que lle correspondeu. En caso de non ter un enderezo electrónico, enviámosllo por correo postal.

No caso dos autores, tras o envío do correo electrónico, facémoslles unha transferencia bancaria coa cantidade correspondente.

No caso das editoriais, deben enviarnos unha factura polo importe indicado na comunicación do resultado da.

Levamos a cabo as seguintes reparticións:

- Repartición de cantidades procedentes da compensación por copia privada (aprox. última semana de abril). 

 - Licenzas xerais (aprox. última semana de abril). 

 - Licenzas de pagamento por uso: mensualmente, segundo se van cobrando as cantidades correspondentes. 

 - Repartimento de cantidades procedentes do estranxeiro (aprox. último trimestre do ano).

 - Repartimento pola xestión de remuneración por préstamo:

- Nacional (aprox. entre novembro e decembro).
- Estranxeiro (aprox. durante o mes de xuño).

 


Son autorizacións que concedemos para escanear ou fotocopiar contidos de libros, revistas, periódicos e tamén partituras musicais, ademais de para poder realizar outras explotacións secundarias desas obras.

Concedemos estas licenzas, no marco da vixente Lei de propiedade intelectual, baixo unha serie de condicións e a cambio dunha remuneración, calculada a partir das tarifas que se lle presentan cada ano ao Ministerio de Cultura.

Pódense consultar as tarifas no noso portal Conlicencia.com



Si. Recadamos e facémoslles chegar aos autores e editores as cantidades correspondentes polas licenzas que concede no seu nome. Por iso, o incremento da concesión de licenzas supón un beneficio directo para os nosos membros.


O press-clipping é un servizo de seguimento de prensa que inclúe a elaboración de dossieres de noticias que as axencias de seguimento de medios ou press clippers lles ofrecen aos seus clientes. Para lles ofrecer os seus servizos a terceiros, as axencias de seguimento de medios ou press clippers necesitan reproducir e distribuír a información contida en revistas e xornais mediante copias dixitais ou en papel.

A licenza de CEDRO permite realizar tales actividades co debido respecto á normativa vixente e remunera os titulares de dereitos polo uso das súas obras. Dende CEDRO, como única entidade autorizada para a xestión colectiva dos dereitos de propiedade intelectual de autores e editores de textos, concedemos autorizacións para incluír nestes dossieres copias de artigos xornalísticos das obras do noso repertorio e para llas enviar ao cliente.

Por outra banda, a empresa que recibe este resumo de prensa, ou que o elabora ela mesma, necesita distribuír o dossier ou facelo accesible aos seus empregados. Para iso, é suficiente cunha única autorización que se xestiona a través de CEDRO e que permite compartir e reutilizar esta documentación internamente, satisfacendo así todas as necesidades de información para as empresas.

 


Non. Non somos unha editorial nin nos dedicamos á publicación de obras.

Dada a nosa natureza de asociación de autores e editores, e as funcións que temos encomendadas, non lles podemos recomendar editoriais aos autores interesados en publicar as súas obras.


Periodicamente, encargamos estudos estatísticos que nos permite coñecer, entre outra información, a distribución por materias das páxinas reproducidas de obras editadas en España, a distribución das páxinas reproducidas por tipo de publicación (libros, revistas, publicacións periódicas etc.), o país de orixe da publicación e a distribución das páxinas reproducidas por ámbitos de reprodución (copisterías, empresas, centros de ensino, organismos da Administración pública, bibliotecas etc.).

Este estudo é o resultado de miles de horas de mostraxe en equipos de reprodución de todo tipo de centros (empresas, colexios, universidades, Administración, bibliotecas etc.).