cedro  
  axenda    noticias    enlaces    lecturas    sala de prensa    preguntas habituais     correo antipiratería  

  Área de socios    CEDRO    Dereitos de autor    Asociarse    Licencias  
Dereitos de autor
 
Dereitos de autor>Tipos de dereitos
 > Conceptos básicos
 > Tipos de dereitos
 > Límites e excepcións
 > Lexislación
 > Enlaces
 > Preguntas habituais

 

 

Existen dous tipos de dereitos de autor, os morais e os patrimoniais ou de explotación.

Os dereitos morais correspóndenlle ao autor da obra e son irrenunciables e inalleables, polo que non se poden ceder nin renunciar a eles. A vixente Lei de propiedade intelectual española recoñécelle ao autor os seguintes:

  1.  Decidir se a súa obra ha de ser divulgada e en qué forma.
  2. Determinar se tal divulgación se ha de facer co seu nome, baixo pseudónimo ou alcume, ou anonimamente.
  3. Esixir o recoñecemento da súa condición de autor da obra (paternidade da obra).
  4. Esixir o respecto á integridade da obra e impedir calquera deformación, modificación, alteración ou atentado contra ela que supoña perda dos seus intereses lexítimos ou diminución da súa reputación (integridade da obra).
  5. Modificar a obra respectando os dereitos adquiridos por terceiros e as esixencias de protección de bens de interese cultural.
  6. Retirar a obra do comercio, por cambiaren as súas conviccións intelectuais ou morais, logo de indemnizar por danos e perdas os titulares de dereitos de explotación (posteriormente, se o autor decide reemprender a explotación da súa obra, deberá ofrecerlle preferentemente os correspondentes dereitos ao titular anterior destes e as condicións razoablemente similares ás orixinarias).
  7. Acceder ao exemplar único ou raro da obra, cando se atope en poder doutro, co fin de exercitar o dereito de divulgación ou calquera outro que lle corresponda (este dereito non permitirá esixir o desprazamento da obra, e o acceso a esta efectuarase no lugar e na forma que lle ocasionen menos incomodidades ao posuidor, ao que se indemnizará, se é o caso, polos danos e as perdas que se lle irroguen).

Os dereitos patrimoniais ou de explotación facultan o autor para decidir sobre o uso da súa obra, que non se poderá levar a cabo sen a súa autorización, salvo en determinados casos previstos na vixente Lei de propiedade intelectual española, que se coñecen como límites ou excepcións. Estes dereitos de explotación, que se lles poden ceder a terceiros, son, segundo a Lei de propiedade intelectual:

  1. Reproducción: acto de fixación da obra nun medio que permita a súa comunicación e a obtención de copias de todo ou de parte dela.
  2. Distribución: acto de posta a disposición do público do orixinal ou de copias da obra mediante a súa venda, alugueiro, préstamo ou calquera outra forma.
  3. Comunicación pública: acto polo cal unha pluralidade de persoas poida  acceder á obra sen lles distribuír previamente exemplares a cada unha delas.
  4. Transformación: acto de traducción, adaptación e calquera outra modificación dunha obra na súa forma da que se derive unha obra diferente. No caso das bases de datos, considérase transformación o seu reordenamento.

A lei tamén lles recoñece outros dereitos de carácter patrimonial aos autores:

  1. Dereito de remuneración por copia privada: a reproducción dunha obra (divulgada en forma de libros ou publicacións asimiladas, entre outras, excepto os programas de ordenador) realizada exclusivamente para uso privado do copista, mediante aparatos ou instrumentos técnicos non tipográficos, orixinará unha remuneración equitativa e única a favor dos seus titulares de dereitos destas creacións. Esta reproducción non ten que contar coa autorización previa dos seus titulares para a súa realización.
    A remuneración compensatoria por copia privada será determinada para cada tipo de obra en función dos equipos, dos aparatos e dos materiais idóneos para realizar a súa reproducción. Debe ser aboada obrigatoriamente polos fabricantes e os  importadores destes instrumentos, e recadada e repartida polas entidades de xestión.
    As copias para uso privado son as que se efectúan no ámbito doméstico, sen fin lucrativo, nin uso colectivo nin se distribúen mediante prezo.
  2. Coleccións escollidas ou obras completas: a cesión dos dereitos de explotación sobre as súas obras non lle impedirá ao autor publicalas reunidas en colección escollida ou completa.
  3. Dereito de participación: os autores de obras plásticas terán que percibir do vendedor da súa obra unha participación do 3 % no prezo de toda revenda que se faga desta, sempre que o seu prezo sexa igual ou superior a 1.803,036 euros.




   
© 2005 Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)