cedro  
  axenda    noticias    enlaces    lecturas    sala de prensa    preguntas habituais     correo antipiratería  

  Área de socios    CEDRO    Dereitos de autor    Asociarse    Licencias  
Área de socios
 
Área de socios>Xestión Colectiva Dixital.
 > Consulte/ actualice
 > Servicios e beneficios
 > Avisos
 > Documentos
 > Xestión Colectiva Dixital.
 > Correo de suxestións
 > Contacto
 > Preguntas habituais

 

 

No ano 2001 CEDRO comezou a dotarse das ferramentas necesarias para ampliar ao ámbito dixital a xestión colectiva que leva a cabo no ámbito analóxico, en relación coas fotocopias. Este proceso culminou o 16 de xuño de 2004, cando a Asemblea de Asociados aprobou os novos modelos de contratos de adhesión á entidade e os anexos aos contratos para os autores e editores que xa eran membros da entidade. Grazas a iso, os titulares de dereitos xa lle poden encargar a CEDRO a xestión colectiva dos seus dereitos no ámbito dixital, e xa son máis de 5.300 socios/as, entre autores e editores, os que lle encomendaron a CEDRO a xestión das súas obras no ámbito dixital.


En que consiste a xestión colectiva de CEDRO no ámbito dixital
A xestión colectiva de dereitos de autor no ámbito dixital de CEDRO supón, principalmente:

- a protección dos dereitos de propiedade intelectual mediante o exercicio de calquera acción encamiñada a perseguir os usos dixitais ilícitos das obras dos membros da entidade, e

- a concesión de autorizacións non-exclusivas que permiten diferentes usos dixitais das obras que integran o repertorio de CEDRO. Estas autorizacións concédense en forma de licenzas a cambio dunha contraprestación económica, que a entidade recada no nome dos/as socios/as para distribuírllela a continuación.

A licenza permite escanear un fragmento da obra, almacenalo en formato electrónico e poñelo á disposición de terceiros en terminais autorizados e mediante un control de usuario e un contrasinal. Deste xeito, unha universidade, por exemplo, pode dixitalizar o capítulo dun libro co fin de que o alumnado dunha clase o consulte no seu campus virtual, ou o departamento de documentación dunha empresa ten a posibilidade de reproducir dixitalmente un artigo dunha revista profesional que só se edita en papel para que un número determinado de traballadores o poida ler a través da súa intranet corporativa.

Como pode solicitar un socio a xestión colectiva dos seus dereitos de autor no ámbito dixital
O/a socio/a que queira ampliar ao ámbito dixital o mandato conferido a CEDRO no seu día mediante o contrato de adhesión deberá remitirlle por correo postal a documentación correspondente, debidamente cuberta e asinada, ao Departamento de Socios ou, se reside en Cataluña, á delegación da entidade nesa comunidade.

Documentación necesaria:
- Anexo ao contrato de adhesión: deberá ser cuberto por duplicado.

(Descargar aquí o impreso correspondente para o/a autor/a)

(Descargar aquí o impreso correspondente para o/a editor/a)

- Declaración de obra.

(Descargar aquí o impreso correspondente para o/a autor/a)

(Descargar aquí o impreso correspondente para o/a editor/a)

Para máis información, póñase en contacto con CEDRO.





   
© 2005 Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)