| |
CEDRO autoriza reproducir e utilizar as obras que integran o seu repertorio mediante as licencias. Estas autorizacións, que se outorgan por mandato dos autores e editores socios desta Entidade e polo mandato outorgado polos socios daquelas entidades estranxeiras coas que existen convenios de representación recíproca, poden ser xerais e puntuais.
As licencias concédense baixo unha serie de condicións e límites e a cambio dunha remuneración económica, que se calcula a partir dunhas tarifas xerais presentadas cada ano por CEDRO ao Ministerio de Cultura.
A lexislación vixente establece, como principio xeral, que non se pode reproducir unha obra protexida polo dereito de autor sen a autorización previa do seu autor, salvo nos casos previstos pola lei (límites aos dereitos de autor).
En xeral, requírese a licencia de CEDRO cando a copia se efectúa en establecementos dedicados a realizar reproducións para o público, ou que teñen á disposición do público os equipos, os aparatos e os materiais para levalas a cabo. Tamén fai falta a licencia cando a copia é obxecto de utilización colectiva, ou se se distribúe mediante prezo.
Entre as institucións e os establecementos aos que se dirixen as licencias de CEDRO encóntranse:
- copisterías,
- universidades,
- centros de ensino,
- centros de ensino musical,
- bibliotecas,
- empresas,
- centros de documentación,
- organismos da Administración pública e
- outras institucións.
|