| |
CEDRO ten tamén unha función social importante, que comprende accións de asistencia, de formación e de promoción de autores/as e editores/as.
A esta función -que CEDRO leva a cabo directamente ou coa colaboración doutras entidades- destínase o 20 % dos dereitos recadados por copia privada, de acordo coa Lei de propiedade intelectual.
No marco da súa función social, CEDRO:
- ten contratada para os seus socios autores unha póliza de seguros colectiva que cobre casos de falecemento e de invalidez. No ano 2006, atendéronse con esta póliza 28 casos.
- conta cun Programa de Axudas Asistenciais Individualizadas que lles facilita cobertura asistencial aos/ás escritores/as, traductores/as e xornalistas en situacións de necesidade. No ano 2006 concedéronse 96 destas axudas, na súa maioría a autores/as que se encontraban de baixa por enfermidade, que requirían asistencia no seu domicilio ou que necesitaban tratamentos sanitarios que non atendía o INSALUD.
- ofrece un servicio de teleasistencia para autores/as maiores de 70 anos.
A función social de CEDRO complétase con máis de 180 accións anuais de formación e de promoción que teñen como obxectivo mellorar as condicións de traballo de autores/as e de editores/as, e que se desenvolven en colaboración coas distintas asociacións e gremios que os agrupan.
No ano 2006 desenvolvéronse 187 proxectos e actividades en colaboración con outras asociacións:
- 16 servicios de asesoría xurídica, fiscal e técnica,
- 20 servicios de información a través de internet e de acceso a internet,
- 19 actos e campañas de promoción e de defensa da creación, o libro e o dereito de autor,
- 49 cursos, talleres e seminarios,
- 27 actos en feiras profesionais e actividades de representación internacional. e
- 56 publicacións e estudios: boletíns informativos, anuarios, catálogos, etc.
Actualmente, para desenvolver a súa función social, CEDRO colabora con 23 asociacións e gremios profesionais de autores/as e de editores/as:
|