|
Entre as funcións principais de CEDRO encóntrase a recadación de dereitos económicos que xera a utilización de obras protexidas polo dereito de autor/a e o seu reparto posterior entre os/as titulares correspondentes.
Recadación: CEDRO recada cada ano os dereitos económicos xerados pola reproducción das obras obxecto da súa xestión e repárteos entre os seus lexítimos titulares, autores/as e editores/as.
Existen tres vías de recadación de dereitos por reproducción mediante fotocopias de obras impresas protexidas polo dereito de autor/a:
-Remuneración compensatoria por copia privada: a Lei de propiedade intelectual establece un canon que están obrigados a pagar a CEDRO os/as fabricantes e os/as importadores/as de máquinas fotocopiadoras para compensar os/as titulares de dereitos de autor/a polas copias das súas obras que se realizan para uso privado, que segundo a lei no requiren autorización.
- Copia licenciada: remuneración que se obtén como contraprestación polas licencias que CEDRO lles concede ás copisterías, ás universidades e a outras institucións para a reproducción parcial das obras que integran o seu repertorio.
- Copia do estranxeiro: recadación que procede das entidades estranxeiras homólogas a CEDRO polas reproduccións de obras españolas noutros países.
Nos últimos cinco anos, a recadación foi a seguinte:
|
Anos |
Dereitos recadados (en millóns de euros) |
|
2002 |
12,27 |
|
2003 |
16,19 |
|
2004 |
26,94 |
|
2005 |
30,15 |
|
2006 |
40,70 |
|
2007 |
46,27 |
Reparto: cada ano CEDRO reparte entre os/as seus/súas titulares correspondentes os dereitos económicos que recada durante o exercicio anterior, unha vez descontadas as cantidades destinadas a:
- desenvolver a función social prevista pola lei (formación, promoción e asistencia de autores/as e de editores/as),
- ao fondo que establecen os estatutos de CEDRO (accións e servicios en beneficio dos seus membros), e
- a afrontar os gastos de administración.
O reparto de dereitos realízase de acordo cun regulamento aprobado pola Asemblea Xeral de Asociados da entidade. O regulamento de reparto está definido co obxectivo de que a distribución de dereitos resulte equitativa e proporcional e exclúa todo tipo de arbitrariedade, tal e como establece a Lei de propiedade intelectual.
O reparto consiste basicamente en asignarlle un valor económico a cada obra obxecto de reparto e distribuílo entre os seus titulares de dereitos correspondentes. Por regra xeral, do valor asignado a cada obra correspóndelle un 55 % ao/á autor/a ou aos/ás autores/as e un 45 % á editorial.
Entran no reparto de cada ano:
- os libros publicados nos tres anos inmediatamente anteriores ao ano de recadación dos dereitos que se reparten,
- as publicacións periódicas editadas nos dous anos inmediatamente anteriores ao ano de recadar os dereitos que se reparten, e
- as partituras musicais publicadas nos cinco anos inmediatamente anteriores ao ano de recadación dos dereitos que se reparten.
O valor que se lle asigna a cada obra determínase en función de varios criterios:
- Materias: no caso dos libros, no reparto tense en conta o seu tema ou a materia. Asígnaselle a cada unha delas unha porcentaxe dos dereitos que hai que repartir, en función do seu volume de fotocopiado de acordo co estudio estatístico sobre a fotocopia en España que realiza CEDRO*. A cantidade que resulta repártese entre todas as obras que teñan asignada esa materia na base de datos da Axencia Española do ISBN. - Prezo de venda ao público (PVP): CEDRO ten en conta o PVP de cada libro que entra no reparto, tal e como figura na base de datos da Axencia Nacional do ISBN.
- Números publicados: de cada revista que entra no período de reparto, téñense en conta os números publicados.
*Cada dous anos CEDRO realiza un estudio estatístico, que permite coñecer, entre outra información, a distribución por materias das páxinas fotocopiadas de libros editados en España, a distribución das páxinas fotocopiadas por tipo de publicación (libros, revistas, publicacións periódicas, etc)., o país de orixe da publicación e a distribución das páxinas fotocopiadas por ámbitos de reproducción (copisterías, empresas, centros de ensino, organismos da Administración Pública, bibliotecas, etc.).
Nos últimos cinco anos, as cantidades repartidas foron as seguintes:
|
Anos |
Dereitos repartidos (en millóns de euros) |
|
2004 |
11,01 |
|
2005 |
19,01 |
|
2006 |
22,39 |
|
2007 |
25,12 |
|
2008 |
31,76 |
|