cedro  
  axenda    noticias    enlaces    lecturas    sala de prensa    preguntas habituais     correo antipiratería  

  Área de socios    CEDRO    Dereitos de autor    Asociarse    Licencias  
CEDRO
 
CEDRO>Misión e funcións>Xestión copia privada
 > Misión e funcións
   -Misión
   -Reparto de dereitos
   -Función social
   -Xestión copia privada
   -Licencias
   -Defensa
   -Difusión
   -Internacional
 > CEDRO representa a ...
 > Organización
 > Estatutos
 > Memorias anuais
 > Directorio
 > Preguntas habituais

 

 

1- Autorización legal.
2- Limitacións aos dereitos de autor.
3- Compensación aos autores.
4- Liquidación da compensación por copia privada.
5- Exención do canon por copia privada.
6- Solicitude de pagamento dos dereitos pola compensación por copia privada.

1- Autorización legal.


A Lei de propiedade intelectual establece, entre os dereitos exclusivos do autor, a facultade de autorizar ou de prohibi-la reprodución das súas obras. Polo tanto, para realizar copias de obras protexidas polo dereito de autor é necesario que o autoricen os titulares correspondentes.

2- Limitacións aos dereitos de autor.

A lei tamén prevé unha serie de limitacións ós dereitos de autor. A teor dunha delas, non se precisa a autorización dos titulares de dereitos cando a copia das súas obras se realiza para uso privado e non sexa obxecto de utilización colectiva nin lucrativa. A lexislación precisa que non teñen a consideración de copias privadas:

  • as efectuadas en establecementos que se dedican a realizar reproducións para o público,
  • as efectuadas en establecementos que teñen ó dispor do público os equipos, aparatos e materiais para as realizar, nin as que son utilizadas colectivamente ou distribuídas mediante prezo.

3- Compensación aos autores.

Para compensa-los titulares de dereitos polas copias privadas das súas obras (da realización destas non teñen facultade para autorizar ou para prohibir), a lei establece unha remuneración, a partir dun canon que grava os equipos, aparatos e materiais idóneos para as realizar. Os fabricantes, importadores e distribuidores en España destes equipos, aparatos e materiais son os que deben aboar este canon, e CEDRO, a entidade encargada de o recadar, en representación dos titulares de dereitos sobre libros e publicacións asimiladas, e de distribuír entre eles as cantidades correspondentes.

Co fin de facilita-lo pagamento do canon, CEDRO mantén un acordo de colaboración coa asociación que agrupa a maior parte das empresas que o deben aboar, a Asociación Multisectorial de Empresas Españolas de Electrónica e Comunicacións (ASIMELEC).

4- Liquidación da  compensación por copia privada.

As empresas debedoras da compensación por copia privada de libros e publicacións asimiladas deben presentarle a CEDRO ao final de cada trimestre unha declaración dos equipos, aparatos e soportes comercializados nese período e que están suxeitos a esta compensación, tal e como establecen o artigo 25 do TRLPI e a Orde PRE/1743/2008, do 18 de xuño.

CEDRO pon á disposición destas empresas os seguintes formularios para facilitar esta comunicación:

  •  Formulario de declaración para equipos reproductores de libros e publicacións asimiladas comercializados despois do 1 de xullo do 2008. 
  • Formulario de declaración para equipos reproductores de libros e publicacións asimiladas comercializados entre o 28 de xullo do 2006 e o 1 de xullo do 2008. (Para declaracións anteriores ao 28 de xullo do 2006, contactar con CEDRO). 
  • Formulario de declaración para equipos e soportes grabadores:
              - Para empresas da  Península y Baleares.
              - Para empresas das  Illas Canarias.
              - Para empresas de Ceuta y Melilla.

    Enviar por correo electrónico ao seguinte enderezo: copiaprivada@cedro.org.

Os prazos para presentar a declaración-liquidación son: plazos para presentar la declaración-liquidación

  •  Primeiro trimestre do ano: do 1 ao 30 de abril.
  • Segundo trimestre do ano: do  1 ao 31 de xullo.
  • Terceiro trimestre do anoo: do 1 ao  31 de outubro.
  • Cuarto trimestre do  ano: do 1 ao  31 de xaneiro do ano seguinte.

Nota Informativa para os Fabricantes, Importadores e Distribuidores Comerciais, sobre a Orde Ministerial PRE/1743/2008, do 18 de xuño.

5- Exención do canon por copia privada.

A Lei 23/2006 pola que se modifica o texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual introduce, como novidade, a exención do pagamento da compensación por copia privada para os equipos e aparellos adquiridos por quen conten cunha licenza para reproducir libros e publicacións asimiladas no exercicio da súa actividade.

O interesado en acollerse a esta exención terá que cubrir o formulario que aparece nesta Web para que CEDRO, tralas comprobacións oportunas, emita un certificado de exención no que se detallará a marca, modelo e tramo de velocidade de reprodución do equipo ou aparello exento do canon (un certificado por cada máquina). Este certificado deberá remitilo ao seu provedor nacional para evitar que o canon sexa incluído na factura no momento da compra do equipo.

6- Solicitude de pagamento dos dereitos pola compensación por copia privada.

Os titulares dos dereitos de libros que non sexan membros de CEDRO poden solicitar dereitos que lles poidan corresponder pola compensación pola copia privada das súas obras.

Estas cantidades proceden da compensación que establece a Lei de Propiedade Intelectual, e son abonadas a CEDRO polas empresas fabricantes, importadoras e distribuidoras dos multifuncionais, escáneres e fotocopiadoras coas que se fan estas copias. CEDRO ten a obriga de distribuír estes dereitos económicos aos titulares de todos os libros susceptíbeis de seren reproducidos en España, sexan membros ou non desta Entidade.

Aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que non sendo membros de CEDRO desexen solicitar os dereitos pola copia privada das súas obras, poden obter máis información aquí.





   
© 2005 Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)