|
CEDRO conta actualmente con 15.643 socios, entre autores (14.190) e editores (1.453).
Entre os autores membros de CEDRO cóntanse escritores e traductores de todo tipo de obras (literarias, científicas, técnicas, educativas, de información, divulgación, etc.), así como xornalistas e autores de artigos e outros traballos para publicacións periódicas.
As editoriais socios de CEDRO, que representan máis do 95 % da producción editorial española, cobren todos os xéneros e os temas, desde os libros de ficción ata os manuais universitarios e os libros de texto, pasando polo ensaio, a obra científico-técnica, os diccionarios e as enciclopedias, etc. En CEDRO tamén están representadas as editoriais de publicacións periódicas (sobre todo de revistas culturais e de revistas profesionais e especializadas) e as de partituras musicais.
CEDRO representa tamén os autores e os editores asociados ás 31 entidades homólogas doutros países coas que ten asinados convenios de representación recíproca: as de Alemaña, Arxentina, Australia, Austria,Bélxica, Brasil, Canadá, Canadá (Québec), Colombia, Dinamarca, EE.UU., Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hong Kong, Irlanda, Islandia, Italia, Jamaica, México, Noruega, Nova Celandia, Polonia, Reino Unido, Rusia, Singapur, Sudáfrica, Suíza e Uruguay.
Distribución xeográfica por lugar de residencia dos autores e editores socios de CEDRO:
|