cedro  
  axenda    noticias    enlaces    lecturas    sala de prensa    preguntas habituais     correo antipiratería  

  Área de socios    CEDRO    Dereitos de autor    Asociarse    Licencias  
CEDRO
 
CEDRO>Misión e funcións>Licencias
 > Misión e funcións
   -Misión
   -Reparto de dereitos
   -Función social
   -Xestión copia privada
   -Licencias
   -Defensa
   -Difusión
   -Internacional
 > CEDRO representa a ...
 > Organización
 > Estatutos
 > Memorias anuais
 > Directorio
 > Preguntas habituais

 

 

CEDRO autoriza reproducir e utilizar as obras que integran o seu repertorio mediante as licencias. Estas autorizacións, que se outorgan por mandato dos autores e editores socios desta Entidade e polo mandato outorgado polos socios daquelas entidades estranxeiras coas que existen convenios de representación recíproca, poden ser xerais e puntuais.

As licencias concédense baixo unha serie de condicións e límites e a cambio dunha remuneración económica, que se calcula a partir dunhas tarifas xerais presentadas cada ano por CEDRO ao Ministerio de Cultura.

A lexislación vixente establece, como principio xeral, que non se pode reproducir unha obra protexida polo dereito de autor sen a autorización previa do seu autor, salvo nos casos previstos pola lei (límites aos dereitos de autor).

En xeral, requírese a licencia de CEDRO cando a copia se efectúa en establecementos dedicados a realizar reproducións para o público, ou que teñen á disposición do público os equipos, os aparatos e os materiais para levalas a cabo. Tamén fai falta a licencia cando a copia é obxecto de utilización colectiva, ou se se distribúe mediante prezo.

Entre as institucións e os establecementos aos que se dirixen as licencias de CEDRO encóntranse:

  • copisterías,
  • universidades,
  • centros de ensino,
  • centros de ensino musical,
  • bibliotecas,
  • empresas,
  • centros de documentación,
  • organismos da Administración pública e
  • outras institucións.

 





   
© 2005 Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO)