| |
O Programa de Axudas Asistenciais Individualizadas é o instrumento creado por CEDRO para intentar paliar as situacións de urxencia ou de necesidade que se lles presenten aos autores membros da entidade.
Para solicitar algunha destas axudas é necesario:
- Ser autor membro de CEDRO, cunha antigüidade mínima de seis meses.
- Ter uns ingresos que non superen os límites establecidos para cada tipo de axuda.
- Remitirlle a CEDRO a documentación necesaria. Descargar formulario de solicitude.
Para solicitar as axudas, cómpre contactar con CEDRO.
A concesión das axudas é responsabilidade dunha comisión específica da xunta directiva de CEDRO. Concédense por períodos determinados, nunca superiores a un ano, aínda que pode ser renovada e está supeditadas á dispoñibilidade presupostaria.
Tipos de axudas:
- Axuda a domicilio. Atención de carácter persoal, doméstico e social no propio domicilio.
- Axuda para adaptar a vivenda. Eliminación de barreiras arquitectónicas dentro da vivenda.
- Axuda de teleasistencia. Teléfono de emerxencia 24 horas conectado a unha terminal telefónica. En caso de ser maior de 70 anos, este servicio concédeselle automaticamente a quen o solicita.
- Axuda para material ortopédico. Para mellorar a calidade de vida e a autonomía persoal.
- Axuda para tratamentos ou intervencións non atendidas polo INSALUD. Cando o tratamento ou a intervención non están comprendidos no campo de acción do INSALUD, ou o atraso é moi longo.
- Axuda de baixa por enfermidade, por accidente ou por maternidade. Cantidade económica destinada a cubrir o período de baixa dos autores acollidos ao réxime de autónomos.
- Axuda para a estadía nun centro residencial. Por urxencia ou por convalecencia.
- Axuda destinada a pagar un colaborador profesional que axude na actividade creativa cando hai unhas limitacións físicas ou sensoriais.
- Axuda de necesidade urxente. Asistencia destinada a resolver situacións puntuais.
(No caso de que a demanda do asociado non se axuste a algunha das axudas previstas, tamén se pode presentar a solicitude correspondente)
|