|
EL PASADO 13 DE NOVIEMBRE LOS AUTORES Y EDITORES ESTADOUNIDENSES Y GOOGLE PRESENTARON AL TRIBUNAL CORRESPONDIENTE UNA NUEVA VERSIÓN DEL ACUERDO AL QUE LLEGARON HACE UN AÑO. DENTRO DE UNOS DÍAS CEDRO ACTUALIZARÁ EL CONTENIDO DE ESTA PÁGINA CON LOS CAMBIOS DEL NUEVO TEXTO DEL "ACUERDO GOOGLE", TODAVÍA SUJETO A APROBACIÓN JUDICIAL.
“Acordo Google”: CEDRO ofrece aos seus socios reclamar as posíbeis indemnizacións polo escaneado das súas obras
Introdución Antecedentes Accións de CEDRO Información sobre o "Acuerdo Google" elaborada por CEDRO Información sobre o "Acuerdo Google" elaborado polos seus responsables
Introdución CEDRO ofrece aos seus membros, autores e editoriais, levar a cabo no seu nome a xestión de reclamar as posíbeis indemnizacións que lles poidan corresponder pola dixitalización non autorizada das súas obras que fixo Google en Estados Unidos nos últimos anos.
Antecedentes Estas compensacións derívanse do acordo subscrito o pasado outubro por Google, unha asociación de escritores dos Estados Unidos de América e un grupo de editoriais dese país, como consecuencia das demandas que interpuxeron estes titulares de dereitos contra a empresa norteamericana. As demandas presentáronse por unha presunta infracción dos dereitos de propiedade intelectual, posto que Google escaneaba os fondos dalgunhas bibliotecas universitarias estadounidenses sen autorización.
Neste acordo, pendente de aprobación xudicial, Google comprometeuse, entre outras cousas, a aboar unha indemnización aos titulares de dereitos das obras que escaneara sen autorización previa, independentemente da súa nacionalidade. Dado que os autores e editores membros de CEDRO tamén poden estar afectados, a nosa Entidade enviou aos seus socios toda a información sobre o acordo e bríndalles a posibilidade de facer as xestións necesarias para reclamar no seu nome as compensacións que lles puidesen corresponder.
Accións de CEDRO Aqueles socios de CEDRO que o desexen, poden solicitar que a nosa Entidade leve a cabo esta xestión. Para iso, é necesario:
1. Enviar a CEDRO un correo electrónico (socios@cedro.org / cedrocat@cedro.org) comunicando a súa decisión de adherirse ao “Acordo Google”, e 2. Enviar a CEDRO por correo postal o seguinte formulario (autores / editoriales) (Por favor, imprima o formulario, reénchao e envíeo ao Departamento de Socios de CEDRO)
Información sobre o "Acordo Google" elaborada por CEDRO - Comunicación de CEDRO aos seus socios autores, enviada o pasado 30 de xaneiro. (.pdf) (50 kb) - Comunicación de CEDRO aos seus socios editores, enviada o pasado 30 de xaneiro. (.pdf) (50 kb) - Consecuencias prácticas para autores e editores do "Acordo Google" (documento elaborado por CEDRO). (.pdf) (71 kb). - Preguntas e respostas frecuentes (documento elaborado por CEDRO) (.pdf) (89 kb).
Información sobre o “Acordo Google” elaborado polos seus responsábeis - Documento de notificación (.pdf) (270 kb) - Documento de preguntas e respostas frecuentes (.pdf) (89 kb)
Para máis información, pode contactar co Departamento de Socios de CEDRO.
|